Na concentración estiveron presentes Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso, e Marta Gómez, secretaria xeral de Galiza Nova
Hai máis, pois con parte dese diñeiro o monarca lle pagaba ás súas múltiples AMANTES. Independentemente do xuízo que cada quen poida facer das prácticas amorosas de Juan Carlos, este non deixa de ser unha conduta indigna dun dirixente político ó utilizar fondos públicos para financiar tales actividades privadas... Juan Carlos, non só non declarou á Facenda española eses ingresos, cometendo un FRAUDE FISCAL, senón que ocultaría a maior parte dese diñeiro en paraísos fiscais como, por caso Suíza: EVASIÓN FISCAL.A estas prácticas podíanselle sumar outras como, por caso, a famosa cacería en BOTSWANA, que confirman comportamentos nada gratificantes e impropios do gobernante dun estado democrático.