O preacordo entre Alcoa e Ignis EQT deu algunha esperanza entre toda a incerteza xerada ao redor da fábrica de aluminio situada na Mariña. Con todo, os eólicos non están nin sequera construídos e o forno de cocción tampouco se levou adiante (a multinacional fala do 2028). Hai quen teme un peche lento e paulatino da factoría e hai quen ve algunha saída sen especificar cal e como
A multinacional Alcoa ha visto que non hai opcións de venda e por iso realizou unha serie de manobras entre as que inclúe un preacordo con Ignis e esixencias ao Goberno. Ademais, os traballadores e traballadoras néganse a negociar coa dirección ante “o incumprimento dos acordos asinados” como a creación dun novo forno de cocción e garantir os postos de traballo até 2028