O Comité de Empresa do Hostal dous Reis Católicos cualifica de "éxito total" o paro organizado en plenas Festas do Apostol. Segundo os seus datos, non traballaron 109 dos 117 operarios.
O Comité de Empresa do Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela, integrado polos sindicatos CSIF, CIG, CUT e CCOO, convocou para este luns unha concentración de protesta coa que reivindicarán unha "negociación real" e a "firma dun convenio digno" á presidenta de Paradores de Turismo, Ángeles Alarcó.