Dous dos combos que lideran a modernización da música en galego se encierrran nunha casa rural e da experiencia salgue un tema que sen dúbida soará en moitas festas este nadal.
Sergio e Alberto, ou Vallejo e Prado, son as dúas caras de Galician Army, un dúo de artistas galegos capaces de encher salas e pór a bailar ao público máis exixente dos maiores festivais de Galicia a pesar de non ter nin un só disco no mercado. A historia cambiará a semana que vén, cando por fin se poida escoitar 'NOS', o seu primeiro traballo. Antes do lanzamento do álbum debut, a formación atende a Galiciapress para contarnos máis sobre o seu proceso criativo, as súas inspiracións, os seus gustos e o verán cheo de datas que se lles vén enriba.