Galiciapress contacta coa compañía teatral ‘Sarabela Teatro’, organizadora do Festival Internacional de Teatro de Ourense que sen o financiamento do goberno municipal non ten garantida a súa continuidade. Os organizadores néganse a levar o festival lonxe da cidade termal, pero sen os recursos económicos necesarios, o evento se debate entre unha reestruturación forzada ou a súa clausura.