Neste inicio de campaña das Eleccións europeas, Galiciapress segue coa súa serie de entrevistas a candidatos galegos nestes comicios que se celebrarán do 6 ao 9 de xuño. Ao socialista Nicolás González séguelle agora o popular Francisco Millán Mon (Pontevedra, 1955), que cumpre xa dúas décadas en Bruxelas e Estrasburgo. Aspira a unha nova legisltura en postos de saída co PP, con temas como a Guerra de Ucraína, as relacións con Arxentina e o seu impacto sobre a flota galega, as eleccións en Venezuela ou as opcións de Altri en Palas de Rei como algúns asuntos desta conversación.