Eduardo Corbelle é membro do Centro de Investigación Interuniversitario dás Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), do grupo de investigación Che-Bio e profesor titular da USC. O seu traballo está dirixido ao estudo das transformacións históricas no uso do solo, mercado de terras rústicas e cambios históricos na paisaxe. Eduardo Corbelle atendeu ás preguntas de Galiciapress para abordar cuestións derivadas da plantación de eucalipto e as consecuencias que está a ter sobre o territorio do noroeste da Península Ibérica.