Galiciapress contacta con Sheila Canzobre, responsable de sector de Comercio e Grandes Almacéns de UXT na Coruña, e coa patronal ARTE, para coñecer as súas posturas ao redor da negociación do convenio que se está celebrando en Madrid e as reivindicacións das dependentas da provincia da Coruña, que solicitan que o novo acordo non supoña unha ameaza aos dereitos cristalizados nos convenios territoriais.
Onte moitas dependentas de Inditex creron gañar a guerra co anuncio dun acordo da compañía con UXT e CC.OO. para alcanzar melloras de corte salarial, social e laboral, pero o certo é que a batalla comezou a decantar do seu lado moito antes e na Coruña.