Policías e gardas civís levan lustros loitando por unha subida de soldo que os equipare cos seus colegas das forzas autonómicas. Interior deu outro paso onte para cumprir a súa promesa, xusto cando a Benemérita está salpicada pola polémica do informe que contribuíu á imputación do Delegado do Goberno en Madrid e que provocou o cesamento do galego Pérez dos Cobos.
O director adxunto operativo (DAO) da Garda Civil, xeral Laurentino Ceña, presentou a súa dimisión este martes, segundo confirman fontes coñecedoras da decisión. A decisión tomouse un día despois que o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, cesase do seu posto na xefatura da Comandancia de Madrid ao coronel Diego Pérez dos Cobos.