As catro organizacións sindicais máis representativas na Administración da Xunta (CIG, CC.OO., CSIF e UXT) avanzaron que este xoves escenificarán "un novo acto de protesta" no Complexo Administrativo de San Caetano no que pedirán o "cesamento" da conselleira de Política Social en funcións, Fabiola García.