Á vista dos acontecementos desde Moncloa tomaron a determinación de suspender as reunións programadas de hoxe en diante, que se celebrarán por vía telemática. A de hoxe, en cambio, mantense inalterada e asistirán os membros do Executivo cuxa presencia sexa indispensable para a aprobación do Plan de Choque con medidas contra o coronavirus.
Mentres continúa a escalada de casos en España, cun paciente grave en Madrid -un home de 77 anos ingresado na UCI que presenta outras patoloxías previas-, no Sistema Galego de Saúde prepáranse para acoller futuros pacientes despois de descartar todos os casos analizados no día de onte, á vez que advirten que o uso de máscaras "non serve para nada" en persoas asintomáticas.