coronavirus

PCR para todos os galegos que o pidan dispoñible en calquera farmacia, promete a Xunta
A Consellería de Sanidade estenderá a todas as farmacias de Galicia a realización de probas PCR en saliva, co obxectivo de que "os galegos poidan acudir á súa farmacia para solicitar" unha delas se así o desexan.
Xa non queda ningunha cidade en nivel de risco baixo tras o empeoramento do coronavirus en Lugo e Ferrol


repunte da pandemia en Galicia empézase a deixar notar no mapa da incidencia acumulada semanal. Fai non tanto, Ourense, Santiago, Ferrol, Lugo e Pontevedra gozaban de o nivel de risco baixo, en amarelo no mapa. Os positivos foron subindo  e, tras os ascensos hoxe en Lugo e Ferrol, todas as cidades do país xa están en risco medio, en laranxa no mapa.

Covid escolas: soben en 23 os casos activos, ata os 407, e hai cinco aulas pechadas máis, ata as nove
Os casos activos de Covid-19 en centros educativos de Galicia --escolas infantís e ensino non universitario-- ascenderon a 407, o que supón 23 máis que a última xornada lectiva da semana pasada --en relación aos últimos datos actualizados o sábado--, e soben a nove as aulas pechadas --cinco máis--.
Covid municipios: subidas en Vigo, Santiago e O Grove e as áreas máis turísticas lideran o empeoramento


O cambio de tendencia a peor de Galicia chega impulsado por alzas notables en municipios con moito turismo: por exemplo O Grove, Santiago, A Pobra, Boiro e, especialmente, Vigo.

​Un 10% dos enfermos de coronavirus presenta secuelas oito meses despois de superar a enfermidade

Unha de cada dez persoas, segundo este informe, afirma ter aínda un síntoma, que vai de moderado a grave, e que lle inflúe tanto na súa vida laboral, como social ou doméstica, a pesar de que a súa infección produciuse oito meses atrás.Proba PCR | Foto: EP O estudo, publicado na revista 'JAMA' por investigadores do Hospital Danderyd e do Instituto Karolinska de Suecia, reflicte que os principais síntomas son a perda do gusto e o olfacto, así como a fatiga xeral.

Santiago rebaixa os seus datos de covid pero aínda non se sabe o impacto da Semana Santa, advirte Bugallo
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, afirmou este venres que está "razoablemente satisfeito" coa evolución da covid-19 na cidade, onde actualmente hai 57 casos activos.
Galicia aguanta nunha planicie de positivos pero parece complicado mellorar e pasar a risco baixo
Galicia segue placando ao coronavirus e aguanta nunha relativa calma. A recuperación do número habitual de PCRs logrou ademais controlar a taxa de positividade, que era o único indicador claramente á alza.



12 casos de trombos entre 2,1 millóns de vacinados con Astrazeneca, suspendida para menores de 60

Sanidade e autonomías debaten que facer cos menores de 60 anos que xa recibiron unha dose da discutida vacina anglo-sueca. Madrid volve ser a nota discordante, pois foi a única que votou en contra da suspensión. De feito, Ayuso vai máis aló e insiste en que quere comprar a vacina rusa que anda ofrecendo un empresario galego.

AstraZeneca: A UE non manda parar e estima 10 casos de trombos por cada 1 millón de vacinados (vídeo)

A Axencia Europea do Medicamento deixa liberdade aos estados para limitar o uso do preparado en certas idades, como fan varios países, incluído o seu creador, o Reino Unido. Con todo, os expertos indican que o "risco moi baixo" da vacina compensa con fartura o perigo que supón contaxiarse de covid-19.

A Xunta cingue as aglomeracións pola vacina covid a Santiago e estima en menos do 3% os que se negan

Segundo recollen as imaxes recompiladas por Galiciapress de redes sociais, tamén houbo colas, aínda que non tanto barullo como en Santiago, polo menos en Vigo e a Coruña.

Primeiro contaxio da cepa brasileira do coronavirus detectado en Galicia tras un positivo dun mariñeiro
O Servizo de Medicina Preventiva da área Sanitaria de Vigo detectou o primeiro caso en Galicia da variante brasileira de Covid-19, segundo confirmaron a Europa Press fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas).
Terceiro día seguido de ascenso de casos activos pero as medias de positivos continúan nunha chaira


O SERGAS recuperou o luns un ritmo normal de PCRs. O resultado é que este mércores, como era esperable, os positivos crecen. Agora ben, o seu aumento respecto a xornadas anteriores non basta para subir as medias. De feito, a incidencia acumulada semanal baixa.




Covid municipios: forte repunte fai de Vigo a peor cidade e A Pobra e O Grove soben a risco máximo

O detalle xeográfico dos últimos datos do coronavirus en Galicia confirma unha subida de positivos en varias zonas turísticas. A máis pronunciada é en Vigo, pero tamén soben O Grove e A Pobra, que ascenden ao peor dos niveis do semáforo estatal no referido á incidencia semanal.


Cambio de tendencia? Os casos activos crecen dous días seguidos por vez primeira desde xaneiro

Hoxe sobe a cantidade de infectados a nivel galego por segundo día consecutivo, algo que non pasaba desde o  27 de xaneiro. Ademais, os casos activos ascenden en todas as áreas sanitarias, salvo  A Coruña e Ourense.




A cuarta onda empeza en España pero Galicia esquívaa por agora a pesar de só ter un 11% de inmunizados

Segundo os expertos, haberá que esperar aínda unha semana para ter conclusións máis claras. A porcentaxe que recibiu a pauta completa non chega ao 7% dos españois:En Galicia recibiron a pauta completa o 6,3% dos cidadáns.A maiores, uns 115.000 galegos deron positivo e non faleceron, o que supón aproximadamente un 4,2% da poboación pode ter algún grao de protección natural contra o virus  , aínda que non está claro canto dura a inmunidade natural e se protexe do contaxio doutras cepas. En todo caso, a suma de poboación vacinada e de poboación con algún grao de inmunización natural non chega ao 11%.

Os mellores datos de positivos desde o verán débense a un 25% menos de test en Semana Santa

As curvas de positivos en Galicia seguen nunha chaira, cunha recente e levísima tendencia á baixa. Con todo, a pendente deste descenso é moi pouco fiable, debido á redución de PCRs.


Covid municipios: perigo de perímetro no Grove e A Pobra do Caramiñal, que soben a risco máximo


A pesar de que Galicia está a bater as súas mellores marcas desde agosto, hai concellos que empeoran. Habitualmente son municipios turísticos, o que ratifica que a mobilidade é unha motor clave dos contagios.

Galicia logra os mellores niveis de covid desde agosto en parte debido ao esborralle de PCRs


É unha melloría artificial, que pode transmitir unha falsa sensación de optimismo que se acabe transladando en máis mobilidade e, por tanto, máis contagios. A Xunta comunica hoxe só 81 novos diagnósticos, a mellor cifra desde o 23 de marzo e a terceira mellor desde agosto.


As vacinas de AstraZeneca son o 24% das entregadas e o 72% dos casos con efectos secundarios

Os casos de efectos secundarios son moi poucos en proporción, uns 11.000 entre 5 millóns de españois que recibiron algunha dósis. É dicir, menos do 0,3% comunica algún efecto secundario.  



Covid municipios: Ourense perde a súa nova normalidade e empeoran Cangas, Vigo e Pontevedra




A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE