Santiago rebaixa os seus datos de covid pero aínda non se sabe o impacto da Semana Santa, advirte Bugallo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, afirmou este venres que está "razoablemente satisfeito" coa evolución da covid-19 na cidade, onde actualmente hai 57 casos activos.

|

A incidencia acumulada na capital caeu un 25% desde finais de marzo, pero aínda é moi  superior á alcanzada a principios do mes pasado.


La Salle e o IES Antonio Fraguas son os centros escolares con máis casos activos na cidade, catro cada un, pero non hai ningunha aula pechada. 




O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, afirmou este venres que está "razoablemente satisfeito" coa evolución da covid-19 na cidade, onde actualmente hai 57 casos activos.


Nunha rolda de prensa, o rexedor destacou que, tras "unha evolución negativa antes de Semana Santa", nos días posteriores houbo unha "lixeira mellora". De feito, apuntou, baixouse de 74 casos a 57 nunha semana.

Con todo, Sánchez Bugallo subliñou que a influencia da Semana Santa saberase "aínda a semana que vén" polo que pediu "prudencia absoluta". "Oxalá se poida abrir máis, pero, de momento, non é mal resultado que manteñamos o que temos", resolveu.

Mq8BG coronavirus no concello santiago evoluci n recente nbsp  (2)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE