A cuarta onda empeza en España pero Galicia esquívaa por agora a pesar de só ter un 11% de inmunizados
Segundo os expertos, haberá que esperar aínda unha semana para ter conclusións máis claras. A porcentaxe que recibiu a pauta completa non chega ao 7% dos españois:En Galicia recibiron a pauta completa o 6,3% dos cidadáns.A maiores, uns 115.000 galegos deron positivo e non faleceron, o que supón aproximadamente un 4,2% da poboación pode ter algún grao de protección natural contra o virus , aínda que non está claro canto dura a inmunidade natural e se protexe do contaxio doutras cepas. En todo caso, a suma de poboación vacinada e de poboación con algún grao de inmunización natural non chega ao 11%.
As gráficas non deixan lugar a dúbidas de que España está a sufrir un repunte, que se agravará esta semana segundo a previsión do sistema Precov2.
Tanto o Estado como Galicia carecen de inmunizados suficientes para evitar a súa arremetida, aínda que a autonomía por agora está a esquivar o repunte.
Desde hai uns días os contagios de coronavirus están a aumentar outra vez nas comunidades autónomas, e segundo os datos de PreCov2, o sistema preditivo de evolución da pandemia en España, esta semana haberá un aumento do 29% nas defuncións, do 24% nos casos confirmados, do 3% en hospitalizacións e do 2% en ingresos na UCI.
A gráfica da incidencia acumulada a 14 días non deixa lugar a dúbidas de que España está a sufrir un repunte, do que por agora se libra Galicia. Iso si, o repunte ata o momento parece menos virulento que noutras escaladas:
Segundo os expertos, non hai que culpabilizar á poboación, xa que esta vez non houbo saídas das comunidades. Aínda así, sinalan que o problema se produce cando algunhas persoas non cumpren coa normativa establecida, xúntanse con non conviventes e pensan que non se contaxiarán.
A ministra de Sanidade, Carolina Darias, apelou este luns á cautela ante o "claro ascenso" de contagios na maioría de comunidades autónomas, aínda que cre que é "pronto para saber" se España está nunha cuarta onda.
A pesar do avance na vacinación, Darias advirte que hai 12 autonomías que teñen unha incidencia acumulada superior a 50 casos por 100.000 habitantes na última semana. "Hai que ser cautos para ver onde nos leva este repunte". A 14 días, só Galicia, Baleares, Murcia e Valencia teñen menos de 100:
Ademais, fixo fincapé en que a maioría dos españois cumpren as restricións, aínda que entende que se "focalice nas actitudes negativas" de imaxes de comportamentos irresponsables en Semana Santa que ve "absolutamente rechazables".
A vacinación está en marcha
Os expertos pregúntanse se habería que afacerse a soportar as ondas ou se necesitan medidas máis punitivas, teniendo en cuenta que soportar unha onda implica que morran unhas 300 persoas ao día.
A pesar do aumento de casos, a diferenza con outras ondas como a de despois de Nadal é que agora hai máis de 8,5 millóns de persoas vacinadas (o 14% da poboación). Destas, 2,5 millóns xa recibiron a inmunización completa. Segundo os expertos, haberá que esperar aínda unha semana para ter conclusións máis claras.
A porcentaxe que recibiu a pauta completa non chega ao 7% dos españois:
En Galicia recibiron a pauta completa o 6,3% dos cidadáns.
A maiores, uns 115.000 galegos deron positivo e non faleceron, o que supón aproximadamente un 4,2% da poboación pode ter algún grao de protección natural contra o virus , aínda que non está claro canto dura a inmunidade natural e se protexe do contaxio doutras cepas.
En todo caso, a suma de poboación vacinada e de poboación con algún grao de inmunización natural non chega ao 11%. Aínda que esta porcentaxe en realidade poida ser maior, debido aos asintomáticos que non foron diagnosticados, a porcentaxe total é claramente insuficiente para evitar o embate doutra onda, pois os científicos estiman que non haberá inmunidade de grupo ata alcanzar o 70%.
Escribe o teu comentario