A Comisión Escolar de Alertas suspendeu as actividades no exterior dos centros educativos nas provincias da Coruña e Pontevedra deste xoves pola alerta climatolóxica activa na comunidade para esta xornada.
A chegada dun temporal prevista para a mañá deste xoves obrigou a decretar o aviso laranxa en todo o litoral galego e no interior das provincias da Coruña e Pontevedra, onde se prevén refachos de vento de máis de 100 quilómetros por hora.