Alerta meteorolóxica en toda Galicia por unha cicloxénese explosiva inusual nestas datas

A chegada dun temporal prevista para a mañá deste xoves obrigou a decretar o aviso laranxa en todo o litoral galego e no interior das provincias da Coruña e Pontevedra, onde se prevén refachos de vento de máis de 100 quilómetros por hora.

|

Algúns concellos prevén pechar praias e parques ante a chegada dun temporal que deixará ventos de máis de 100 km/h.


A chegada dun temporal prevista para a mañá deste xoves obrigou a decretar o aviso laranxa en todo o litoral galego e no interior das provincias da Coruña e Pontevedra, onde se prevén refachos de vento de máis de 100 quilómetros por hora.


Aemt alertas xoves


Mapa de alertas da AEMT para o xoves


A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) decidiu elevar a laranxa o aviso por temporal costeiro en todo o litoral de Galicia e por vento nas provincias da Coruña e Pontevedra.


A PARTIR DAS DEZ DA MAÑÁ NA COSTA

O aviso quedará activado a partir das 10,00 horas da mañá do xoves, xornada na que se esperan ventos de forza oito ou nove na costa e mar combinada con ondas de entre catro e sete metros.


O episodio iniciarase no oeste e suroeste da Coruña e na costa pontevedresa a partir de primeira hora da mañá e irá estendéndose a medida en que avance o día ao resto do litoral galego.


TAMÉN NA GALICIA INTERIOR

Ademais, tamén quedarán en aviso laranxa as zonas interiores da provincias da Coruña e Pontevedra polas previsións de fortes ventos, que poderían alcanzar refachos máximos de ata 100 quilómetros hora.


A Xunta, segundo informa nun comunicado, transmitiu a información a administracións e entidades locais para que tomen as medidas oportunas para minimizar os riscos.


A CORUÑA TOMA PRECAUCIÓNS

De feito, o Concello da Coruña xa informou de que este xoves quedará pechado o acceso a todas as praias, parques e xardíns. O dispostivo de seguridade tamén afectará á Casa das Ciencias e a Torre de Hércules. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE