O Teixedal de Casaio é unha xoia botánica de valor incalculable, considerado o bosque de teixos máis antigo de Galicia e un dos poucos e mellor conservados de Europa, ao albergar exemplares centenarios e mesmo milenarios. Este verán, a súa supervivencia viuse gravemente ameazada por un virulento incendio orixinado en Zamora que avanzou até o teito de Galicia, calcinando miles de hectáreas ao seu paso. As chamas chegaron a rodear o Teixedal, e foi a actuación decidida dos veciños e voluntarios, xunto á propia humidade do frondoso bosque, o que a duras penas logrou frear o avance do lume. Este fin de semana outro incendio desatou a alarma no municipio.
Están controlados os lumes de Maceda que afectaron a 3.500 hectáreas; o de Vilardevós, parroquia de Moialde (600 hectáreas); e o de Montederramo, parroquia de Paredes (120 hectáreas).