Atopada "en perfecto estado" a menor desaparecida desde onte en Brión
A moza de 16 anos desaparecida desde este domingo da localidade de Brión (A Coruña) foi localizada en "perfecto estado" nun comercio deste municipio, segundo informa a Benemérita. En concreto, explica que a localizou unha patrulla "soa" e que "en principio" toda apunta a unha marcha voluntaria.