blanqueo de capitales

Sito Miñanco e o avogado de Puigdemont, Gonzalo Boye, a xuízo por narcotráfico e branqueo, propón a Audiencia Nacional
A xuíz da Audiencia Nacional María Tardón propuxo xulgar a José Ramón Prado Bugallo, 'Sito Miñanco', e a outras 45 persoas físicas, entre elas ao avogado Gonzalo Boye pola súa presunta participación en dúas operacións coas que pretendían introducir en España case catro toneladas de cocaína e pola creación dun armazón criminal para branquear o diñeiro obtido coa droga.
Unha transferencia desde ABANCA a Macao, sospeitosa de relación con delitos financeiros segundo as FinCEN Files


Uns 160.000 dólares viaxaron desde Galicia ao paraíso fiscal asiático. Polo camiño, levantou as sospeitas de China, que alertou a Estados Unidos, segundo figura no último leak que denuncia as redes internacionais de branqueo de capitais. Consultada por Galiciapress, ABANCA non dá explicacións.

A familia que controlou Pescanova ocultou a Facenda 2,5 millóns en efectivo en Andorra pero non irá a prisión

Os acusados alegaron que o diñeiro procedía da crianza de cabalos. A Audiencia Nacional ou ve plausible e absolve á esposa e a dous fillos do expresidente de Pescanova Manuel Fernández Sousa, Pablo Javier e Ignacio José.

Facenda pon no seu punto de mira aos que levan a súa residencia fiscal a Portugal

O Servizo Executivo da Comisión de Prevención do Branqueo de Capitais e Infraccións Monetarias (Sepblac) vai estudar a aqueles contribuíntes españois que están a trasladar capitais a Portugal. A Administración responde así as noticias de que cada vez son máis os que tratan de mudar as súas obrigacións tributarias, ante a subida de impostos aos máis ricos anunciadas polo novo Goberno froito do pacto entre Pedro Sánchez e Pablo Iglesias.

Detidos na Coruña, Betanzos, Culleredo, Vigo e Moaña na Operación Beautiful contra o narcotráfico e o branqueo
A Operación 'Beautiful', que permitiu o arresto de máis de 40 persoas implicadas na maior rede do Levante español dedicada ao narcotráfico e ao branqueo de capitais, conlevou tamén a detención de cinco persoas en Galicia.
Sito Miñanco desafía ao tribunal que o xulga por branqueo

O letrado do narco cuestiona a competencia do tribunal, a prescrición de delitos ou mesmo a imparcialidade dos maxistrados. Sito Miñanco volve hoxe a sentar no banco dos acusados tras a súa detención na Operación Mito. Faino desafiante, cuestionando a imparcialidade do tribunal. En xogo, o pequeno imperio que articulou a través dunha inmobiliaria de Cambados, a nome dunha das súas fillas.

Dúas novas detencións en Lugo pechan un operativo contra a venda de drogas en Galicia

Un total de 33 arrestros dan por finalizada a 'Operación Xuntanza-Deseo', iniciada en agosto de 2015. 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE