O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, fixo unha valoración, consultado por Galiciapress , sobre o proceso de contratación de operarios que teñen en marcha Altri ou Cobre San Rafael para proxectos como os de Palas de Rei e Touro, onde aínda non recibiron a autorización do Goberno de Galicia. Ao tempo, sobre o informe emitido polo Consello da Cultura Galega crítico con Altri, Rueda mostrou a súa "sorpresa" e, até certo punto, enfado coa entidade.