Alcoa

Principio de acordo entre Alcoa e Parter para a venda das plantas; o ERE amplíase ata o 31 de xullo

Alcoa e Parter alcanzaron este luns un principio de acordo para a venda das plantas da Coruña e Avilés, á vez que se amplía de novo o proceso do ERE ata o 31 de xullo co fin de poder selar o visto e prace. Tras este principio de acordo que reconduce a situación, volverá convocar aos traballadores o vindeiro mércores para presentarlles o borrador do texto que se rubricará a final do proceso de venda. "Non imos bendicir ningún proceso no que non participamos", avisan os traballadores.  

Alcoa, sen acordo con Parter, apraza o ERE ata o 8 de xullo
A reunión deste venres entre Alcoa e os representantes traballadores saldouse cun envorco na situación das negociacións, tras decidir a empresa a paralización temporal da venda das súas plantas da Coruña e Avilés (Asturias) a Parter Capital. O encontro, que se estendeu ata altas horas da madrugada, finalizou cunha prórroga do proceso do ERE ata o 8 de xullo para dar a oportunidade ao fondo suízo a explicar a súa situación.
A alcaldesa da Coruña pide responsabilidade para permitir un goberno que poida darlle estabilidade a Alcoa

A alcaldesa da Coruña reclama sentido de Estado ás forzas da oposición para que permitan un novo Goberno que poida liquidar definitivamente a crise de Alcoa. "Quero facer unha chamada á responsabilidade das forzas políticas porque é moi fácil acudir unha manifestación para facerse a foto e logo non permitir que exista un Goberno que poida facer un Consello de Ministros e aprobar o Estatuto das Industrias Electrointensivas", afirmou Inés Rey esta mañá en declaracións a Galiciapress.

Insuficiente para os traballadores de Alcoa: Parter só garante dous anos
A Xunta insiste na necesidade dun prezo eléctrico estable para que a solución sexa a longo prazo
Principio de acordo para a venda das plantas de Alcoa na Coruña e Avilés
Alcoa e Parter Capital Group chegaron a un principio de acordo polo que o segundo adquire as plantas de aluminio de Avilés e A Coruña. O acordo entrará en vigor unha vez que se obtiveron as correspondentes aprobacións internas de ambas as partes e fose ratificado polas diversas comisións dos representantes dos traballadores.
Peche dos traballadores de Alcoa na Delegación do Goberno

Os operarios alegan que o Goberno e a Xunta abandonaron os seus compromisos mentres se concreta unha oferta do fondo suízo Partner Capital.

Máis de mil persoas saen á rúa na Coruña por un prezo xusto para as electrointensivas
Máis de mil persoas esixiron na Coruña que o Goberno regule o prezo da enerxía para as compañías electrointensivas e cumpra os seus compromisos, nunha manifestación convocada polos Comités de empresa de Alcoa A Coruña e San Cibrao, Ferroatlántica de Cee-Dumbría e Sabón e Celsa Atlantic.
Só unha oferta vinculante pola planta de Alcoa na Coruña por agora
Dous posibles investidores que presentaron unha oferta vinculante en relación ao proceso de venda das plantas de Alcoa na Coruña e Avilés mostraron o seu interese por elas, segundo informou o comité de empresa da fábrica coruñesa.
A protesta de Alcoa, Ferroatlántica e Celsia toma as rúas de Santiago en defensa do emprego (vídeo)
O conselleiro de Economía atende aos traballadores tras o fin da manifestación, na que participaron o PP, En Marea, En Común e BNG
Operarios de Alcoa, Ferroatlántica e Celsia marchan unidos para salvar as industrias

Piden a Goberno e Xunta que "se poñan as pilas" para garantir "un futuro" a estas industrias.

Haberá solución para asegurar a continuidade de Alcoa, Ferroatlántica e Celsa esta lexislatura, promete Sánchez
O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, asegurou que o seu Executivo aprobará "nesta lexislatura" o estatuto das industrias electrointensivas ao considerar que é "fundamental" para "industrias" como as existentes na Coruña.
Catro empresas máis están interesadas en comprar Alcoa e salvala do peche


As axudas e o novo marco regulatorio deseñadas polo Goberno socialista parece que, polo menos, suscitaron o interese de bastantes empresarios. Da ducia que se interesaron, polo menos nove seguen adiante coa súa intención de comprar tanto a planta de Avilés como a da Coruña. A solución, iso si, debe chegar pronto, pois a prórroga do ERE acaba en menos de dous meses.

Traballadores de Alcoa, alcalde, Xunta e En Común critican ao Goberno por non aprobar o estatuto

Ferreiro advirte que estamos ante unha moi mala noticia e anima a seguir remando todos na mesma dirección

Nacionalizar industrias como Alcoa é legal, asegura un informe universitario
Remítese como "modelo" a seguir ao acordo do goberno italiano por unha antiga planta da multinacional en Sardeña
Estes son os posibles compradores de Alcoa, ningún é galego

Os andaluces de Cunext; os comercializadores madrileños de BCT, as multinacionais Liberty House e Aludium e o fondo de investimentos Quantum Capital. Estes son os candidatos que baralla o goberno para a compra dalgunha das plantas de Alcoa. Algo que contradi o indicado en varias ocasións polo presidente dos empresarios da Coruña.

91 millóns en subvencións para a industria electrointensiva


A iniciativa do goberno multiplica por 15 as axudas aprobadas o ano pasado en convocatoria ordinaria.

Néstor Rego: "Sen o BNG no Congreso, Galicia perdeu atención aos seus problemas "


Néstor Rego (1962) é cabeza de lista do Bloque ao Congreso pola Coruña. É, ademais, un dos pesos pesados do nacionalismo, ex-tenente de alcalde de Santiago e actual líder da UPG. Atende a Galiciapress para detallar o que perdeu Galicia nestes anos de ausencia do BNG nas Cortes e a recuperación da marca do nacionalismo galego. A polémica do Pazo de Meirás (el é un dos investigados pola Xustiza) ou o estatuto electrointensivo para Alcoa son outros puntos desta conversación, a primeira da serie de entrevistas que este medio publicará nas próximas semanas con candidatos ao #28A. 

Antón Gómez-Reino e Ángela Rodríguez, presuntamente agredidos pola Policía Nacional na manifestación por Alcoa (vídeo)

Os dous candidatos ao Cogreso por En Común Podemos foron presuntamente agredidos por membros do dispositivo de seguridade.

Os traballadores de Alcoa levan as súas protestas ante o Congreso dos Deputados

Os empregados das plantas de  A Coruña e Avilés, ambas as afectadas pola decisión de peche da multinacional do aluminio, concentraranse este xoves ás portas do Congreso dos Deputados para buscar unha solución e non perder o seu modo de vida.

O comité de Alcoa reunirase con alcaldes da Mariña e pide ao Goberno que rectifique

A empresa traslada aos empregados o malestar e a preocupación polo estatuto para ao idustria electrointensiva e , aínda que "non puxo o peche encima da mesa", a ameaza "lese entre liñas".


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE