No PP tamén hai discusións, e importantes, pero, a diferenza das mareas, os baróns 'populares' procuran lavar os seus trapos sucios en privado. O que non quita que ás veces se filtren, interesadamente, debates internos. Isto é o que sucedeu cunha conversación entre Alberto Nuñez Feijóo, Pablo Casado e outros dirixentes do PP.
O presidente de la Xunta Nuñez Feijóo escolle estas dúas cidades para participar no evento que dará comezo á campaña electoral este venres.
Defensa do legado de Rajoy, críticas ao "contraditorio" discurso de Casado e duro ataque a Vox. Estan son algunhas das conclusións que saca o presidente galego do desastre do PP o #28A. Un Feijóo que, por certo, foi nomeado hoxe por outro dirixente do seu partido como parte da solución a esta crise.
Virou o PP cara á ultradereita con Pablo Casado? Ata as eleccións, Alberto Nuñez Feijóo negaba esta evidencia unha e outra vez. Pero xa non. Hoxe o presidente de la Xunta destapouse cunhas declaracións nas que moitos interpretarán como un intento de moverlle a cadeira ao aínda líder estatal. E é que agora o mandatario galego reclama un PP máis aberto, mesmo a xente de centro esquerda.
Manterá Feijóo o seu compromiso cos galegos de esgotar a lexislatura? O magnitude da desfeita do PP en España é de tal calibre, que esta mesma noite empezarán a moverlle a cadeira a Pablo Casado. Na mentes de todos estará Feijóo como substituto, para corrixir o rumbo dun PP escorado á extrema dereita, rumbo que se demostrou un absoluto fracaso electoral.
O mandatario galego, nada proclive a admitir erros, recoñece que se equivocaron na planificación de prazas de pediatras e médicos de familia, pero inmediatamente culpa ao Ministerio de Sanidade. Ademais, asegura que a desconvocatoria da folga en Atención Primaria non implica que necesariamente haxa máis diñeiro para médicos de familia.
Con motivo do Día Internacional dos Bosques, o rei de España e o gobernante galego han coñecido de primeira man os traballos forestais, de silvicultura e de aproveitamento dos montes galegos.
Nun luxoso hotel de catro estrelas e rodeado dun centenar de cargos. A posta en longo do 10º aniversario do feijooísmo dista nas formas, e moito, dos tempos das romarías do fraguismo. O máis comentado do aniversario foron a ausencia da directiva española e de Rajoy, aínda que Casado -que aterra mañá en Galicia- desfíxose en loubanzas desde a distancia, e a sorprendente presenza de Javier Guerra, o-exconselleiro e empresario que en teoría estaba a piques de fichar por Cidadáns.
O presidente do executivo galego insistiu en que ten intención de investir ese diñeiro “en sanidade pública e educación”, sexa cal for a situación do goberno central.
Algunhas suspicacias levantara a ausencia do líder galego na manifestación contra o relator catalán. Do PPdeG en principio só ían ir Alfonso Rueda e Tellado pero, finalmente, Feijóo modificou a súa axenda para estar en primeira fila dos críticos con Pedro Sánchez.
Durante oito anos, Alberto Nuñez Feijóo non moveu nin un só dedo para que a Xunta asumise as competencias que ten recoñecidas polo Estatuto e comtempla a Constitución. A súa estratexia cambiou de súpeto, ante sorpresa de moitos no propio PP -que o interpretan como un novo desafío a Casado, tras as queixas polas concesións a Vox- e para xúbilo dos seus rivais estatais no centro-dereita, que ven un flanco no que abrir unha greta entre os conservadores.
Galicia ten a mellor sanidade da súa historia e as críticas á crise do SERGAS son froito dos que anhelan políticas bolivarianas de Maduro en Venezuela. Así a respondido o mandatario galego as críticas da oposición hoxe no Parlamento de Galicia durante a primeira sesión de control deste ano.