O presidente culpa da vaga de lumes ao tempo e aos incendiarios

A Xunta reclamará o custo da extinción do incendio de Dodro e Rianxo se se confirma que o causou unha torre de alta tensión

|

Nunca ardera tanto monte tan cedo no ano, con máis de 1.160 hectáreas consumidas só no lume de Rianxo. Para Feijóo, son factores externos explican o sucedido e non falta de medios e previsión denuncianda por sindicatosveciños, axentes forestais e oposición.


O presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, evidenciou a "intencionalidade" e "nocturnidade" dos focos da vaga de incendios que sofre Galicia esta semana e defendeu, ante as críticas de diferentes colectivos, que "nunca nun mes de marzo" houbo "tanta xente traballando simultaneamente" nos labores de extinción.


Feijóo clama por que España e Galicia

Na rolda de prensa posterior á reunión semanal co seu Executivo, o presidente autonómico subliña que "o 40 por cento dos lumes rexistráronse entre as 21,00 da noite e as 9,00 da mañá", polo que "é evidente que hai unha nocturnidade e intencionalidade".

O FACTOR METEOROLÓXICO
Tamén se referiu ao "tempo seco" e o "vento intenso" que hai estes días en Galicia e en comunidades como Asturias e Cantabria, o que "a xente aproveita" para a actividade incendiaria.

Ademais, Feijóo quixo felicitar "a todo o operativo" que traballa para sufocar as chamas porque "o 60 por cento dos lumes extinguíronse de forma inmediata" e "menos do 4 por cento" superaron as 25 hectáreas arrasadas.

RESPOSTA AOS AXENTES FORESTAIS

Preguntado sobre as críticas esgrimidas polos axentes forestais a través dos sindicatos, defendeu os "acordos" asinados entre a Administración galega e as organizacións que permitiron, entre outras demandas, que este ano os contratos "empecen en marzo e finalicen en outubro".

"En definitiva, temos aproximadamente 3.000 efectivos traballando entre as administracións públicas e quero felicitar a todos pola eficacia e compromiso", proseguiu.

INCENDIO DE DODRO E RIANXO
Así mesmo, Feijóo advertido que, no caso de que o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) confirme que o incendio de Rianxo e Dodro (A Coruña) --arrasou máis de 1.000 hectáreas ata a súa extinción este xoves-- debeuse a unha faísca dunha torre de alta tensión, a Xunta "valorará a posibilidade de estender a factura da extinción á empresa eléctrica".


Con todo, o presidente do Goberno autonómico insiste en que, para reclamar esta contía, necesítase "a confirmación" de que esa foi a causa. "O responsable do lume ten que pagar, xa sexa unha empresa ou un particular", resolveu.

Precisamente, este mércores a asociación ecoloxista Amigas das Árbores pediu investigar se unha "neglixencia" da compañía eléctrica está detrás deste incendio.


Incendio rianxo falta de medios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE