Rozamento entre Feijóo e Casado sobre a estratexia do PP

No PP tamén hai discusións, e importantes, pero, a diferenza das mareas, os baróns 'populares' procuran lavar os seus trapos sucios en privado. O que non quita que ás veces se filtren, interesadamente, debates internos. Isto é o que sucedeu cunha conversación entre Alberto Nuñez Feijóo, Pablo Casado e outros dirixentes do PP.


|

No PP tamén hai discusións, e importantes, pero, a diferenza das mareas, os baróns 'populares' procuran lavar os seus trapos sucios en privado. O que non quita que ás veces se filtren, interesadamente, debates internos. Isto é o que sucedeu cunha conversación entre Alberto Nuñez Feijóo, Pablo Casado e outros dirixentes do PP.


Segundo adianta A Razón, o presidente galego lembroulle ao seu líder que o PP logrou deter a sangría de votos cara a Vox e Cs grazas á moderación da mensaxe tras o desastre das eleccións xerais. Foi durante unha comida tras a reunión da dirección do PP estatal onte luns en Madrid.


Pablo Casado prevé asistir este sábado á romaría que celebrará o PP no Pino (A Coruña)




A filtración gaña verosimilitud porque Feijóo expresara antes o mesmo argumento en Galicia. Ademais de reivindicar o suposto retorno ao centro, o mandatario galego mesmo se atreveu a lanzarlle unha pulla ao seu xefe estatal, algo pouco freceunte.


Feijóo puxo en valor os "razoables" resultados do PPdeG, que en realidade son moi discretos ao non lograr gobernar ningunha cidade, cualificando abertamente de malos os resultados do partido a nivel de España.  "Estes non son os resultados que queriamos, pero son razoables no contexto de malos resultados que tivo o Partido Popular en España", dixo. 


Antes de entrar á reunión en Madrid declarou que "en tres semanas o partido centrouse, alargou as súas bases e os resultados foron mellores" .  Na súa reivindicación do centro-dereita, Feijóo ten algúns aliados, como Alfonso Alonso ou o presidente da Junta de Andalucía. Agora ben, tamén algúns inimigos potenciais e con poder, como Díaz Ayuso, probable presidenta da Comunidad de Madrid.


Segundo o xornal conservador, Feijóo e a á máis moderada do PP están preocupados pola triunfalista valoración dos resultados de Casado. Conservar a Comunidade madrileña e posiblemente recuperar o concello da capital podería levar a retomar as teses aznaristas, cuestionando o legado de Rajoy como fai Casado en público abertamente.


A próxima batalla entre os dous bandos será a designación do portavoz no Congreso. A proposta de Cayetana Álvarez de Toledo levanta as alarmas entre os que recelan dunha aproximación ao discurso de Vox.


O PPDEG XÓGASE MOITO NA LÍNE AQUE MARQUE CASADO

En todo caso, parece claro que por agora ninguén expón a caída de Casado e, en consecuencia, a mudanza de Feijóo a Madrid. 


Un Feijóo que, visto o peso que as tendencias da política estatal teñen nos resultados electorais galegos, xógase moito no que pase en Xénova se quere revalidar a súa maioría absoluta en Galicia o próximo ano, ameazada pola onda de grandes resultados do PSdeG. Moito máis mesmo se ao final o PSOE logra atraer a Cidadáns a formalizar pactos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE