AECC

Judit Vega (AECC Ourense) sobre os cribados de cancro: "A incerteza é un dano grande"

Judit Veiga é a nova xerente da Asociación Española Contra o Cancro na provincia de Ourense. Chegou á capital ourensá despois dunha carreira profesional no estranxeiro e en Palma de Mallorca. Entre os seus obxectivos está o dar a coñecer a toda a sociedade ourensá que é a AECC, máis aló de visións simplistas e reduccionistas. Quere que se coñeza todo o valor inherente á Asociación que, entre outras moitas cuestións, ofrece apoio psicolóxico, acompañamento e apoio legal a persoas e familias afectadas polo cancro. 

El Corte Inglés entrega case 300.000 euros para investigar terapias personalizadas contra o cancro

A compañía entregou hoxe un cheque preto de 280.000 euros á Asociación Española Contra o Cancro. Ademais, as dúas entidades lanzan a exposición de fotos a  “50 anos cambiando a historia do cancro”.



Nace 'Cancer Innova' unha alianza galega para elaborar máis rápido fármacos contra o cancro
Unha aceleradora de Fundación Kaertor, AECC, Janssen, Lilly e a Xunta pretende recortar un 70% os prazos para elaborar e aplicar medicamentos
Concellos tinguen de verde monumentos para que non esquezamos a prioridade de loitar contra o cancro
Monumentos e consistorios de toda Galicia iluminaranse este xoves 4 de febreiro para chamar un ano máis a continuar na senda de dar con avances na loita contra o cancro.
Un nadador galego, Felipe Iglesias, cruzará de Sálvora ao Grove para loitar contra o cancro
Afrontará a segunda proba da Tripla Coroa, 19 quilómetros, coa iniciativa 'Eu nado por eles'
Emoticonos de caca e inodoros na rúa contra o cancro de colon (vídeo)
A Asociación Española contra o Cancro (AECC) comezará este xoves as actividades para conmemorar o Día Mundial contra o Cancro de Colon, que se celebra o 31 deste mes, no marco das que poñerá na rúa emoticonos de caca en Santiago de Compostela e inodoros na Coruña para concienciar sobre esta enfermidade.
Nomean a Manuel Aguilar presidente da Xunta da Coruña da Asociación contra o Cancro

O Consello Executivo Nacional da Asociación Española contra o Cancro (AECC) nomeou presidente da ONG na provincia da Coruña a Manuel Aguilar López, que substitúe no cargo a María Elena Viturro da Torre.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE