Concellos tinguen de verde monumentos para que non esquezamos a prioridade de loitar contra o cancro

Monumentos e consistorios de toda Galicia iluminaranse este xoves 4 de febreiro para chamar un ano máis a continuar na senda de dar con avances na loita contra o cancro.

|

A pandemia do coronavirus centra a atención pública e política, debido ao seu impacto social e á novidade. Con todo, o cancro segue sendo a principal enfermidade mortal entra a poboación adulta.


Monumentos e consistorios de toda Galicia iluminaranse este xoves 4 de febreiro para chamar un ano máis a continuar na senda de dar con avances na loita contra o cancro.



A alcaldesa de Lugo nun acto da AECC en setembro nunha foto do concello



O Castelo de San Cruz, en Oleiros (A Coruña), a casa do concello de Lugo ou as sedes da Deputación de Pontevedra serán algúns dos puntos que lucirán de verde este xoves, xornada na que se conmemora o Día Mundial contra o Cancro.

Unha iniciativa, promovida pola Asociacion Española Contra o Cancro, á que tamén se suma a Consellería de Sanidade, que lembra a importancia da prevención ante este tipo de doenzas.

Neste sentido, destaca que durante 2020 (ano no que foron interrompidas os cribados durante o estado de alarma de primavera), atendéronse a uns 16.500 pacientes nas sete vías rápidas para pacientes con cancro de mama, colon, pulmón, próstata, vegiga, otorrinolaringológico e melanoma.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE