A sección sindical da CXT na Coruña denunciou á multinacional ABAI, especializada en telemarketing, por despregar unha campaña de acoso laboral dirixida principalmente contra traballadoras que exercen o seu dereito á conciliación ou se atopan de baixa médica. O sindicato sostén que a empresa, que presta servizos a grandes compañías como Endesa, incumpre ademais o dereito á desconexión dixital, vulnerando así normas básicas de protección laboral.