Política

Manuel Vilas López | 13:53h. |

A crise do PSOE de Santiago segue agravar e vai camiño dunha escisión de, polo menos, o Grupo Municipal. Gonzalo Muíños, o portavoz ao que o partido acaba de suspender por 18 meses, insite en que non dimitirá. Confirmouno esta mañá arroupado por tres concelleiras, do total de seis edís socialistas. Son, por tanto, catro votos no Pleno que, mesmo, poderían ser suficientes para abrirlle a porta da alcaldía ao Partido Popular. En todo caso, a división do PSOE pode entorpecer moito o goberno de BNG e Compostela Aberta e, como advirte o alcalde de Ames, ter consecuencias máis aló de Compostela.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE