CEIP Altamar: Nenos con cascos e "entre ratas" mentres Xunta e Concello de Vigo volven botarse as culpas
A longa guerra entre Concello, do PSOE, e Autonomía, que goberna o PP, cóbrase novas vítimas colaterais. Os alumnos deste colexio de Vigo teñen que volver ás aulas nunhas condicións que os seus pais tachan de tercemundistas mentres as administracións de Abel Caballero e Alfonso Rueda volven, por enésima vez, a culpar a unha á outra.
O CEIP Altamar de Vigo comezou o curso escolar no medio dunha controversia sobre o estado das súas instalacións. Os alumnos acudiron a clase o pasado xoves con cascos de obra como forma de protesta, denunciando graves deficiencias no centro educativo.
A Asociación de Pais e Nais (#ANPA) do colexio alertou sobre a presenza de ratas, cascudas, humidades e baños avariados. Ademais, sinalaron a existencia de gretas, óxido nas escaleiras de incendio e moho nas zonas onde comen os nenos. A ANPA proporcionou evidencias gráficas dos defectos, aos que o Concello, responsable do mantemento do colexio, quita ferro.
"As condicións do centro son inaceptables para os nosos fillos", insiten desde da ANPA. Desde o colectivo unha solución inmediata a estes problemas que pon en risco a saúde e seguridade dos estudantes.
En resposta a estas denuncias, o Concello de Vigo realizou unha visita de inspección ao centro. Tras a avaliación, as autoridades municipais cualificaron a denuncia da ANPA como "falsa", xerando un enfrontamento entre a comunidade educativa e a administración local.
Desde o Concello din que realizaron unha inspección exhaustiva e non atoparon evidencias que apoien as acusacións da ANPA, afirmou un portavoz do Concello. Estamos comprometidos co benestar dos estudantes e tomaremos as medidas necesarias se se detecta algún problema real, engadiu.
A falta de mantemento e as condicións do centro foron denunciadas tamén pola dirección do colexio, sen obter resposta efectiva. O colexio centro acolle a uns 200 alumnos, de entre 3 e 12 anos,.
Desde o Concello de Vigo, sinálase que o mal estado das instalacións responde a "carencias estruturais" que corresponden á titular do inmoble, que é Xunta de Galicia. Elcolegio comparte edificio coa residencia xuvenil Altamar, unha construción que, segundo o consistorio, é responsabilidade da administración autonómica.
Fontes municipais lembraron que, aínda que o municipio asume tarefas de limpeza, mantemento e pequenas reparacións, a rehabilitación integral dos centros educativos da cidade é unha competencia que recae sobre a Xunta.
Nun comunicado oficial, o goberno local tamén destacou que estivo asumindo diversos gastos de agestión, como a electricidade, limpeza e mantemento de caldeiras, cun desembolso anual de aproximadamente 5.300 euros. Ademais, recalcan que, cada novembro, o Concello leva a cabo labores de desinfección en todos os colexios da cidade, incluíndo o CEIP Altamar, e que, en resposta a unha solicitude recente, actuouse ante a presenza de formigas no centro.
VERSIÓN DA DELEGACIÓN DA XUNTA EN VIGO
A Xunta, pola súa banda, deféndese das acusacións e afirma que os problemas no colexio teñen a súa orixe na "falta de mantemento" por parte do municipio, segundo sinalan desde a Consellería de Educación. Aseguran estar a atender as demandas do centro, especialmente no que respecta á fachada do edificio, a través da Unidade Técnica de Obras, co obxectivo de deseñar unha intervención que solucione as deficiencias detectadas.
O Partido Popular de Vigo tamén se sumou ao debate, criticando ao alcalde Abel Caballero por "escurrir o vulto" e non asumir responsabilidades no asunto. O edil do PP, Fernando González Abeijón, insistiu en que a falta de conserxes, quen desempeñan labores de conservación nos colexios, foi un problema denunciado desde hai tempo. Ademais, o PP local ha resaltado que a Xunta está disposta a intervir nas áreas que lle corresponden dentro do CEIP Altamar, e urxiu ao Concello a tomar medidas.
Este enfrontamento entre administracións deixa no aire a solución aos problemas do CEIP Altamar, mentres que os pais, alumnos e profesores continúan esperando unha resposta definitiva que mellore as condicións do centro. Mentres estas non chegan, os alumnos volverán entrar no centro con casco.
Escribe o teu comentario