Por que Cabaleiro porfía en non sinalizar o Camiño de Santiago en Vigo?

O político socialista leva anos indicando que o impacto da ruta Xacobea é cero na cidade e que os turistas veñen a Vigo atraídos polas luces de Nadal e pola promoción que fai o alcalde. O certo é que o Camiño Portugués é un dos que máis está a crecer e isto podería beneficiar a Vigo. Este é un dos temas que abordarán a próxima semana Abel Caballero e Alfonso Rueda, nun encontro que promete ser polémico dado os precedentes. 


|

La delegada de la Xunta en Vigo, Ana Ortiz.
 

O desbloqueo da urbanización da ETEA, a reforma das pistas de Balaídos, ou a sinalización do Camiño de Santiago ao seu paso por Vigo son algunhas das cuestións que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, porá sobre a mesa no encontro que manterá este martes co rexedor olívico, Abel Caballero.

Así o avanzou en rolda de prensa a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, que tamén participará no encontro, o primeiro que se celebra entre Rueda e Cabaleiro, e o primeiro do alcalde cun presidente da Xunta desde o ano 2015, cando mantivo unha reunión co entón titular do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo.

Ana Ortiz explicou que, entre os temas a abordar, exporase o desbloqueo da urbanización do PS1 no ámbito da ETEA e lembrou que, debido á posición do Concello, está paralizada o investimento de 27,5 millóns de euros (entre a urbanización do ámbito, a reforma da Praza de Armas e a construción dunha residencia de maiores a cargo da Fundación Amancio Ortega).

Ortiz tamén explicou que seguen sen investir os 3 millóns que a Xunta tiña tiña reservados para a reforma das pistas de Balaídos; do mesmo xeito que o millón de euros que se ía a destinar ao saneamento de Teis, que non se puideron executar porque o Concello "incumpriu o convenio" e non expropiou os terreos necesarios.

A posta en marcha da área Metropolitana, que "non ten sentido sen o transporte metropolitano"; a instalación dunha sede do CGAC no Casco Vello; ou a sinalización do Camiño Portugués ao seu paso por Vigo ("a única cidade de Europa" que non aceptou sinalizalo), serán outras das cuestións que se tratarán na reunión do 25 de xuño.
 

Flecha amarilla improvisada para seu00f1alizar el camino de Santiago como las que llegaron a aparecer por el centro de Vigo ante la falta de seu00f1alizaciu00f3n municipal
Frecha amarela improvisada para seu00f1alizar o camiño de Santiago como as que chegaron a aparecer polo centro de Vigo ante a falta de seu00f1alizaciu00f3n municipal


Por outra banda, a delegada explicou que tamén se porá sobre a mesa a finalización dos accesos á estación intermodal por parte da administración municipal, o soterramento da VG-20, a xestión das inundacións na contorna do Lagares, a situación de tramitación da PXOM, ou a necesidade de que o PERTE de automoción beneficie en maior medida á industria auxiliar.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE