Morre un mozo atrapado por unha carretilla elevadora en Candeán, Vigo

Investígase as circunstancias do suceso suedido nas inmediacións de Parachán,  entre Carral e Candeán, onde hai moitas leiras que acumulan chatarra e casas precarias.


|

Calla de Pacharan en Vigo en Google Street View
Rúa de Pacharan en Vigo en Google Street View

Un mozo de 24 anos de idade faleceu este xoves en Vigo tras sufrir un accidente cunha carretilla elevadora, segundo confirmaron fontes da Policía Nacional.

O 112 Galicia informou de que o suceso tivo lugar pouco antes as 19,30 horas cando un particular alertou a Emerxencias de que un home quedara atrapado baixo unha carretilla elevadora no lugar de Parachán, na parroquia viguesa de Candeán.

O CIAE 112 Galicia alertou a Urxencias Sanitarias 061, aos bombeiros, Policía Nacional e Policía Local. Unha vez no lugar, os bombeiros rescataron ao novo, que foi atendido por persoal sanitario, e o vehículo foi retirado por un guindastre.

Fontes da Comisaría de Vigo confirmaron que, finalmente, o mozo resultou falecido.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE