A conselleira Allegue, en cadeira de rodas para remarcar a importancia da accesibilidade

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, realizaron este venres un percorrido en cadeira de rodas por Santiago para ter "unha visión máis certeira" das barreiras arquitectónicas do "día a día" e para reafirmar "o compromiso" da Xunta coa accesibilidade.


|

La conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, en silla de ruedas junto al director de la Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, y el presidente de Cogami, Anxo Queiruga.
 


Así o manifestaron tras participar nunhas xornadas técnicas de mobilidade organizadas pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), tras as que ambos se reuniron co presidente da entidade, Anxo Queiruga, para abordar as políticas autonómicas en accesibilidade.

Así, a conselleira agradeceu e destacado o labor de Cogami en canto a asesoramentos, peritajes e seguimentos nos procesos de construción, rehabilitación e melloras viarias.

Neste contexto, Martínez Allegue referiuse ás sendas peonís que a Xunta desenvolve nas marxes das estradas autonómicas para facilitar desprazamentos seguros, especialmente dos usuarios máis vulnerables. Ademais, a Consellería ten en marcha obras para mellorar a accesibilidade e acondicionar 1.000 paradas de autobús.

No que respecta a vivendas, a Xunta concedeu entre 2022 e 2024 uns 18,5 millóns de euros en axudas para obras de accesibilidade.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE