A CIG convoca o martes día 9 unha folga entre o persoal de Ilunion en Benteler contra a "explotación laboral"

Tamén levarán a cabo concentracións ás portas da compañía


|

22 11 17 Protesta Ilunion ONCE Vigo 01 b963502e
Arquivo - Prostesta de Ilunion en Vigo / Foto: CIG

A CIG convocou para o vindeiro martes, 9 de maio, unha folga entre o persoal do centro especial de emprego Ilunion, que traballa na compañía auxiliar do sector automobilístico Benteler contra a "explotación laboral".

 

Uns 50 empregados de Ilunion, tal e como indicou o sindicato, que operan nas instalacións de Benteler, situadas na parroquia viguesa de Valladares están chamados á folga para reclamar unhas condicións laborais "dignas" e para rexeitar a "explotación e os abusos" que padecen na actualidade.

 

Coincidindo coa xornada de paro, tamén levarán a cabo concentracións ás portas da compañía. O grupo sindical, que conta con 10 dos 17 representantes do comité de empresa, lembrou que este paro de 24 horas chega despois de varios anos de mobilizacións tanto diante da ONCE, propietaria de Ilunion, como das distintas compañías de automoción nas que presta servizo o persoal deste centro especial de emprego.

 

A folga desenvolverase concretamente entre as 06:00 do martes e as 06:00 do mércores, "sen descartar a posibilidade de que se estenda posteriormente a outros centros de traballo para forzar á empresa a mellorar as condicións de traballo en materia salarial e de xornada".


A #CIG lamentou que, a pesar de que esteos traballadores están a prestar os seus servizos para compañías do sector do automóbil, a eles non se lles aplica o convenio colectivo, senón que ingresan o soldo mínimo interprofesional. Ademais, non reciben a formación obrigatoria, "algo especialmente grave, tendo en conta que se trata de persoas con discapacidade".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE