Jorge Prado, listo para facer historia mundial na terra de Don Quixote
O piloto lucense chega á última proba con todas as papeletas para consagrar como bicampión mundial.
Se Don Quixote perseguiu os seus soños cabalgando a Rocinante dunha punta a outra da Mancha, agora é outro tolo soñador como Jorge Prado o que se dá cita nesa inspiradora terra para conquistar o bicampeonato do mundo, pero a lombos dunha moto de cros. E é que o piloto lucense ten todo ao seu favor para que este fin de semana consiga un novo cetro mundial á insultante idade de 23 anos e sendo xa todo un referente no motor nacional.
GAJSER A REBUFO
Prado aterra en Cózar con sete puntos de vantaxe sobre Gajser, o único que pode impedir que revalide o título -Herlings, a máis de 40 puntos do líder, necesita dun milagre para poder optar ao cordón-. Ao seu favor, ademais dos números, está o feito de que o galego xoga en casa ante un público entregado que sabe o moito que se xoga o piloto nesta última cita do calendario.
O campionato do mundo de MXPG está ao alcance do de Lugo, que non fraqueou nos momentos clave do campionato e remontou en China até o punto de pór en aprietos a un Gajser que, a pesar da súa experiencia e catro mundiais, non soubo nin puido frear a un Prado lanzado, que en máis dunha ocasión tirou de talento para gañar á experiencia do esloveno e roubar a placa vermella.
Ademais, como punto a favor, Prado coñece como a palma da súa man o circuíto manchego e conta cunha folla de servizo impecable en solo patrio: dúas vitorias nos dous grandes premios celebrados en España. O domingo haberá campión, e poida que teña cara de neno.
Escribe o teu comentario