Israel cambia de postura e acepta iniciar un diálogo con Hézbola para unha tregua
O cambio radical do Goberno de Netanyahu chega só 24 horas despois de que o mandarario israelí rexeitase de pleno unha proposta para pactar unha tregua. As presións de Estados Unidos, socio indispensable de Israel, foron claves para lograr que os sionistas, polo menos, acepten iniciar un proceso para tratar de evitar a escalada de hostilidades en Oriente Próximo.
"As noticias sobre un cesamento do fogo non son certas. Trátase dunha proposta franco-estadounidense á que o primeiro ministro nin sequera respondeu", declaraban onte fontes do Goberno de Israel.
Hoxe, en cambio, o panorama parece outro, todo porque, ao parecer, Washington tomou unha posición clara en prol dunha solución diplomática, cando resta menos dun mes para as eleccións presidenciais en Estados Unidos.
Escribe o teu comentario