Caso Karar: 13 anos de cárcere para o arousán Juan Carlos Santórum polo alixo de 3,8 toneladas de cocaína
A Audiencia Provincial de Pontevedra dita sentenza neste macroxuízo contra unha das maiores operacións contra o narcotráfico.
A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra ditou sentenza tras o macroxuízo pola partida de case 4 toneladas de cocaína do buque M Karar, abordado en abril de 2020, e condenou a un total de 13 anos de prisión ao arousán Juan Carlos Santórum, considerado líder do grupo que ía recibir ese cargamento.
Na súa resolución, o tribunal condena tamén a 9 anos e medio de cárcere (10 anos e 9 meses no caso dun acusado reincidente) ás persoas da contorna de Santórum que colaboraron nesa operación de narcotráfico. Igualmente, imponse a pena de 7 anos de cárcere a un empresario construtor naval, e de 6 anos de cárcere para os tripulantes do MV Karar, incluído un galego, coa atenuante de confesión tardía.
Por outra banda, a Audiencia condena a outros dous procesados, un cidadán colombiano e un exfuncionario de Aduanas, a penas de 8 e 7 anos e medio de prisión por tráfico de drogas. Ademais, ao segundo imponlle unha pena adicional de 4 anos de cárcere por branqueo, e a súa muller foi tamén condenada por este delito, a dous anos prisión.
Escribe o teu comentario