Pesar en Mouretente, Pontevedra, pola morte dun veciño de 57 anos o día de Nadal
O corpo do home foi atopado no seu domicilio, onde deron a voz de alerta ao ver unha xanela queimada.
Un home foi atopado morto esta mañá no interior da súa vivenda en Pontevedra, na parroquia de Mourente.
Un veciño alertou do achado despois de dar conta de que unha xanela estaba queimada, segundo informa o 112 Galicia. Polo momento, non transcenderon máis detalles sobre a causa da súa morte.
Efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e Policía Nacional e Local desprazáronse até o lugar.
Escribe o teu comentario