(Vídeo) Explota e arde un barco pesqueiro, o Jaungoikoa, no porto de Camariñas (A Coruña)
O navío empezou a arder por causas indeterminadas e cando chegou Protección Civil produciuse unha explosión, posiblemente do depósito de combustible, que captou varias testemuñas coas cámaras dos seus móbiles. Salvamento Marítimo tentou apagar as chamas pero nin eles nin os bombeiros do parque de Carballo puideron evitar que o lume consumise por completo o barco
Un pesqueiro “Jaungoikoa”, de Aldán. atracado no peirao de Camariñas ardeu durante toda a noite e os medios desprazados continúan actuando no punto, onde o lume está controlado pero non extinguido, segundo informa o servizo de emerxencias 112 Galicia.
Segundo o Rexistro de Buques Pesqueiros do Miinsterio de Agricultura, Pesca e Alimentación, o Jaungokia era unha embarcación artes menores con porto basee en Colindres duns 13 metros de eslora. Era un pesqueiro antigo, botado en 1989.
Pasados dez minutos das dúas da madrugada, un particular informou de que estaba a arder un barco de pesca atracado no novo peirao de Camariñas. Tamén explicaba que as chamas xa alcanzasen o posto de mando e que se escoitaban explosións, sen que houbese persoas afectadas. Afortunadamente, non hai danos persoais nin a outras embarcacións.
Desde o 112 informouse a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Garda Civil, aos Bombeiros de Cee e de Carballo e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Camariñas. A primeira en intervir foi a tripulación da Salvamar Altair.
Varias testemuñas captaron o momento no que o barco explotou. As chamas seguiron activas e aínda estaba mañá ardía o navío, a pesar de que os bombeiros utilizaron espuma para tentar apagar o incendio.
Foron estes últimos os que, ao chegar ao lugar, comprobaron que na embarcación había varios elementos de risco como bombonas de osíxeno. Nese momento, Salvamento Marítimo traballaba xa na extinción do lume desde o buque Salvamar Altair. Tamén precisaron que na cuberta do barco había dúas bombonas de butano.
Con todo, confirmaron que non había outros barcos próximas que corresen perigo. Ademais, a Xunta activou o Plan Territorial de Contigencias por Contaminación Mariña Accidental en fase de alerta para conter e controlar un posible vertido polo incendio.
Pouco antes do nove da mañá, os Bombeiros de Carballo sinalaron desde o punto que o lume estaba controlado, aínda que seguen traballando para o seu total extincion, resultando só afectado o barco no que se orixinou.
Escribe o teu comentario