Alerta laranxa en varias comarcas de Galicia pola borrasca Olivia pero o domingo pode chegar o sol

Meteogalicia prevé que unha nova borrasca golpee o país na noite do venres ao sábado. As precipitacións máis fortes serán pola noite na Galicia Atlántica pero o vento con refachos de máis de 100 quilómetros por hora será unha constante durante toda a xornada. A boa noticia é que o domingo non choverá, en principio, até a noite, polo que sairá o sol intermitente, até a chegada dunha nova borrasca, a enésima esta primavera, na noite do domingo ao luns.


|

La borrasca Olivia en el Atlu00e1ntico en una imagen de AEMET
A borrasca Olivia no Atlántico  nunha imaxe de AEMET

 

Varios avisos meteorolóxicos afectarán en diferente medida a toda Galicia ao longo desta xornada de venres, 5 de abril, que irán desde ventos de máis de 100 quilómetro por hora, pasando por ondas de cinco metros e copiosas choivas en función da zona.

 

PREVISIÓN PARA O VENRES E O FIN DE SEMANA

A previsión de Meteogalicia para o venres fala de  será unha xornada de transición, chegando unha nova fronte na noite do venres ao sábado. Os ceos estarán máis cubertos na metade oeste, con algunhas choivas no litoral a primeiras horas e alternando nubes e claros na metade este, con máis nubes durante a mañá. Á noite chegarán as choivas que serán máis intensas na franxa atlántica. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán fortes do sur durante todo o día.

 

Para o sábado o ente da Xunta estima que Galicia se manterá na influencia das baixas presións, con réxime de ventos do suroeste. Así, os ceos permanecerán parcialmente cubertos con chuvascos ocasionais, máis probables canto máis ao leste. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará moderado do suroeste, forte no litoral atlántico.

 

 

O domingo 7 Meteogalicia prevé na situación transitoria, cunha fronte que non chegará até a noite do domingo ao luns. Así os ceos alternarán nubes e claros, cun aumento das nubes durante o día, desde o oeste. Pola noite comezarán as precipitacións no litoral atlántico. As temperaturas mínimas terán un lixeiro descenso, permanecendo as máximas sen cambios. Os ventos soprarán do suroeste, moderados en xeral.

 


 

AVISOS METEOROLÓXICOS O VENRES
Segundo a información de Meteogalicia, está activado un aviso laranxa na Costa da Morte por ventos do sur, de forza 8, con ondas dun cinco metros, así como outro laranxa na montaña de Ourense e ao oeste da provincia da Coruña por ventos de máis de 100 quilómetros por hora.

Mapa de alertas de Meteogalicia para el viernes
Mapa de alertas de Meteogalicia para o venres



O aviso amarelo por fortes ventos de entre 70 e 80 quilómetros por hora está previsto tamén para as catro provincias este venres, principalmente entre mediodía e medianoite.

Pola súa banda, hai avisos amarelo por abundantes choivas de máis de 15 litros por metro cadrado á hora no oeste da Coruña, neste caso durante a madrugada do xoves ao venres.

Todo iso tras unha xornada de xoves na que Penedo do Galo, en Viveiro (Lugo), volveu a alcanzar a máxima velocidade do vento por segundo día consecutivo, con 121,6 quilómetros por hora. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE