Unha colisión múltiple nas Pontes deixa seis persoas feridas e un can falecido

O 112 informou tamén dunha saída de vía no municipio de Paderne, na estrada que une Betanzos e Irixoa.


|

Cruzamento as pontes
Cruzamento entre as estradas AC-564 e AC-142, no muncipio das Pontes, onde se produciu a colisión / Foto: Google Street View

Seis persoas resultaron feridas e un can faleceu hoxe tras producirse unha colisión entre tres vehículos no cruzamento entre a estrada AC-564 e a AC-142, ao seu paso polo municipio coruñés das Pontes de García Rodríguez.

 

Segundo trasladou o Centro Integral de Emerxencias de Galicia, o sinistro tivo lugar pouco antes das 10:00 horas da mañá. Foi nese momento cando un particular alertou ao 112 deste accidente. A partir de entón, os xestores do centro de emerxencias mobilizaron ata o lugar ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Eume, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local.

 

Os bombeiros confirmaron, unha vez no lugar, que dous condutores e catro acompañantes dos diferentes vehículos estaban feridos, entre eles dous menores. Por mor do accidente tamén faleceu un can que viaxaba no interior dun dos coches no momento da colisión.
 

SAÍDA DE VÍA EN PADERNE

Por outra banda, o 112 tamén informou este domingo dunha saída de vía no municipio coruñés de Paderne, concretamente na estrada que une Betanzos e Irixoa.

 

O aviso á central de emerxencias produciuse sobre as 12:15 horas, cando un particular púxose en contacto para informar do sinistro. Desta maneira, iniciouse un operativo que contou coa intervención dos Bombeiros de Betanzos, que axudaron ao ocupante do vehículo para saír do interior por unha das xanelas.


Desta maneira, a persoa ferida puido ser evacuada ao centro hospitalario de referencia a bordo dunha ambulancia dos servizos sanitarios. Ao momento tamén acudiu unha dotación da Garda Civil de Tráfico.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE