Buscan en Campo Lameiro ao dono do diñeiro que apareceu nun paso de peóns
O propietario deberá pasar o luns polas dependencias municipais e solicitar información de como pode recuperalos
O Concello de Campo Lameiro busca ao dono do diñeiro que apareceu nun paso de peóns nas inmediacións da antiga sucursal de Abanca.
Segundo informou o consistorio, o propietario deberá pasar o luns polas dependencias municipais e solicitar información de como pode recuperalos.
O Concello felicitou e agradecido o comportamento cívico da persoa que atopou o diñeiro e depositouno nas oficinas municipais.
Escribe o teu comentario