A Xunta de Galicia dá por extinguidos os incendios de Alfoz e Viveiro
En Alfoz queimáronse un total de 130 hectáreas, mentres que en Viveiro foron 108
A Xunta de Galicia deu por extinguidos os incendios de Alfoz e Viveiro durante a mañá deste sábado, segundo informou a Consellería do Medio Rural.
O lume orixinado na parroquia da Lagoa, en Alfoz , afectou a unhas 130 hectáreas arboredos, mentres que o ocorrido en Vieiro , no municipio de Viveiro, queimou 108 hectáreas arboredos e dúas rasas.
Medio Rural lembrou que o número de teléfono 085 está a disposición de toda a cidadanía. Ao el deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Existes ademais un teléfono anómimo e gratuíto —o 900 815 085— para denunciar calquera actividade delictuosa indenciaria da que se teña sospeita ou coñecemento.
Escribe o teu comentario