O PP acusa á alcaldesa de Santiago de "mentir" e urxe "explicacións polas VTC ilegais"

Nun encontro cos 'populares', os taxistas mostraron o seu malestar "pola falta de transparencia e coherencia por parte da alcaldesa de Santiago á hora de dar unha explicación sobre a contratación de 29 desprazamentos por parte dun servizo privado"


|

Reunión con el sector del taxi.
 

A deputada do Grupo Popular Carmen Pomar, acompañada do concelleiro do PP, Adrián Villa, esixiron este sábado á alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín (#BNG), "unha explicación urxente sobre a contratación dunha empresa privada para o traslado dos asistentes á Asemblea de Cidades Patrimonio da Humanidade, desprezando os servizos dos taxistas da cidade a pesar de ameazar con multas ás empresas que ousasen facer transportes urbanos".

Segundo informa o PP nun comunicado, Carmen Pomar e Adrián Villa reuníronse con representantes do colectivo de taxistas de Santiago co obxectivo de coñecer as súas preocupacións e problemas para desenvolver o seu traballo na cidade, así como as medidas que consideran necesario pór en marcha para mellorar a prestación deste servizo, tanto a composteláns como a visitantes.

No encontro, segundo os populares, os taxistas mostraron o seu malestar "pola falta de transparencia e coherencia por parte da alcaldesa de Santiago á hora de dar unha explicación sobre a contratación de 29 desprazamentos por parte dun servizo privado".

"O problema non só é que a alcaldesa foxe de dar unha resposta ás preguntas que están sobre a mesa, senón que ao mesmo tempo está a mentir para tentar xustificar esta contratación", esgrimiu Pomar.

A deputada popular ha lamentado "o caos do servizo de transporte público que sofren a diario os composteláns e os turistas, derivado dunha incompetencia manifesta por parte dos responsables municipais".

En concreto, destacou que, ante esta situación, "os taxistas atópanse desbordados en moitos momentos do día pola demanda de servizo existente, sen que o Concello sexa capaz de dar unha solución máis que ameazar con sancionar a todas as empresas privadas que ousasen facer transportes urbanos".

Pola súa banda, Adrián Villa sinalou que "non é de recibo que a alcaldesa pase meses dicindo que as VTCs son ilegais, mentres ela mesma estábaas contratando". "Preguntámonos si agora que todos sabemos que houbo 29 traxectos ilegais, e que a competencia para sancionar é do Concello, a alcaldesa vai emitir unha infracción contra a propia Acaldía", resolveu.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE