Activada a alerta laranxa por temporal na costa galega a partir da madrugada do luns
Segundo a Aemet, o fenómeno meteorolóxico traerá ventos do suroeste de forza 8 e ondas de até sete metros de altura
A Dirección Xeral de Emerxencias anunciou a activación para mañá, luns, dunha alerta laranxa por temporal na costa galega, que afectará a partir da 03:00 horas á prinvica de Lugo e ao noroeste da Coruña.
Segundo a información que ofreceu a Aemet, o fenómeno meteorolóxico traerá ventos do suroeste de forza 8 e ondas de até sete metros de altura.
No oeste da provincia coruñesa, está previsto que a climatoloxía cambie sobre as 10:00 horas con ondas de até sete metros. Por outra banda, o suroeste da Coruña e a provincia de Pontevedra notarán os cambios ás 13:00 horas e haberá mar combinado co noroeste con ondas que poderán alcanzar os seis metros.
Por iso, lembrouna por iso a importancia de manter afastado da costa e tomar precaucións ao realizar actividades no mar, mediante a revisión de cabos e amarres das embarcacións.
Escribe o teu comentario