Unanimidade no CEIP Ana María Diéguez de Asados para manter a folga indefinida por falta de persoal
Os alumnos do colexio de Rianxo seguen sen acudir ao centro mentres a Consellería de Educación non dá resposta ás demandas de pais e nais.
Nin unha soa disidencia. Así se resolveu a votación no CEIP Ana María Diéguez de Asados, onde a Anpa propuxo aos pais e nais dos estudantes votar se mantiñan os paros que teñen buxán as aulas do centro de Rianxo ou si, pola contra, levantaban a medida e retomaban as clases. A decisión mantívose igual de inamovible que a semana pasada: todos votaron a favor de manter as protestas e a presión sobre unha Xunta de Galicia que, de momento, non atende ás reclamacións do colexio de Educiación Infantil e Primaria.
"CERO NENOS"
O curso reiniciouse o pasado 8 de setembro dunha forma moi particular no CEIP Ana María Diéguez de Asados, pois alí non houbo unha volta ao cole como tal. Os pais, que leva anos denunciando a falta de profesionais do centro, especialmente de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, ademais dun orientador a tempo completo e o desdobre da clase de 5º curso, seguen demandando máis recursos a unha Consellería de Educación que mantén a calada por resposta.
"Seguimos con cero nenos no colexio de Asados", achegan desde a Anpa do centro a este diario despois dos resultados da enquisa onde se votou a favor de manter a folga a próxima semana, a que sería a terceira semana de paro.
As mobilizacións van máis aló das fronteiras de Rianxo, sendo o centro escenario das imaxinativas protestas dos afectados que simulan a "morte" do colexio, e esta semana desprazáronse a Santiago para tentar ter un encontro cara a cara co director de Recursos Humanos da Consellería. O esforzo, de novo, foi en balde, pois non foron atendidos, do mesmo xeito que tampouco recibiron resposta os seus intentos por datar unha reunión.
O movemento dos pais e nais do CEIP Ana María Diéguez logrou un gran apoio por parte doutros colectivos, chegando a despregar pancartas demandando a atención que precisan en partidos de fútbol ou clubs de piragüísmo.
FOLGA DE PROFESORES
O de Rianxo é só un dos moitos colexios que neste inicio de curso están a reportar problemas, especialmente no referido á ausencia de máis profesionais que atendan aos alumnos con necesidades especiais. Este é un dos puntos sobre os que a CIG fixo énfase para soster a súa convocatoria de folga nesta volta ao cole, cun primeiro día de paro o próximo 25 de setembro e con previsión de que ao longo do curso poidan ir a máis as concentracións.
Aos paros sumouse esta mesma semana STEG, socio da CIG-Ensino no pasado nas folgas celebradas durante o curso 23/24. No entanto, o sindicato pide ao resto de forzas sumar a fin de formar "unha fronte ampla" contra a Consellería e que se apliquen medidas urxentes como a baixada dos cocientes, unha mellor retribución aos decentes ou rebaixar a carga burocrática.
Escribe o teu comentario