Achan o corpo sen vida dun home no interior dun vehículo na Pobra do Caramiñal

Todo apunta a que o home puido sufrir un paro cardíaco cando ía arrincar o coche. 


|

WhatsApp Image 2025 06 18 at 12.07.05
Foto tomada de Google Maps

 

Este mércores é día de mercadillo na Pobra do Caramiñal, o que significa un importante ir e vir de persoas desde primeira hora da mañá. 'A Esplanada', o principal aparcadoiro do municipio, é o lugar máis socorrido este día para atopar un lugar onde estacionar o coche. Xusto alí atopouse esta mañá o corpo sen vida de M. S., de 56 anos, que se atopaba no interior do seu vehículo.

 

MORTE POR CAUSA NATURAL

O achado tivo lugar ao redor das 9:30 horas e foi un particular o que deu a voz de alarma. As primeiras informacións sinalan que se trata dun veciño da parroquia de Ou Xobre e que estaba no interior dun vehículo, un Seat Exeo. Todo apuna a que se trata dunha morte non violenta e que puido falecer por un paro cardíaco.  
 

Tras localizar o cadávez, os servizos de emerxencias desprazáronse ao lugar, pero só puideron certificar a morte do home, que puido morrer na noite do martes cando ía porse ao volante do vehículo. Para acceder ao interior do vehículo, as autoridades tiveron que romper o portelo do condutor. 

 

Á espera de que un xuíz certifique a morte e póidase proceder ao levantamento do cadáver, os feitos provocaron que moitos curiosos se acheguen ao lugar, coincidindo nun día no que o tráfico é especialmente intenso no municipio barbancés.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE