Accidente mortal no Pino: unha muller morta e varios feridos nun sinistro na A-54
A colisión entre un turismo e unha furgoneta tuv lugar ao redor das 10:50 horas deste luns, á altura da saída 77 en sentido Lugo.
Unha muller faleceu e varias persoas resultaron feridas este luns tras un accidente na autovía A-54, ao seu paso polo municipio do Pino (A Coruña), segundo informaron o Consorcio Provincial contra Incendios e de Salvamento, a Garda Civil, o CIAE 112 Galicia e o 061.
O accidente produciuse na mañá deste luns, sobre as 10.50 horas, á altura da saída 77 en sentido Lugo, e consistiu nunha colisión entre un turismo e unha furgoneta.
Varios particulares alertaron a Emerxencias e informaron de que había varias persoas feridas. O CIAE 112 deu aviso aos bombeiros do parque provincial de Arzúa, a Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico e aos servizos de mantemento da vía.
Como consecuencia do impacto, unha muller de 66 anos e de nacionalidade arxentina, ocupante do turismo, faleceu, e outras catro persoas resultaron feridas, e foron evacuadas polos profesionais sanitarios.
A Garda Civil ha informado de que a muller falecida usaba cinto de seguridade, e que ambos os condutores deron negativo nas probas de alcol e drogas. Igualmente, precisou que, entre os ocupantes do turismo había un neno, que resultou ileso.
Urxencias Sanitarias-061 confirmou o traslado de catro persoas ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. No operativo interviñeron un helicóptero medicalizado, unha ambulancia medicalizada e outras dúas ambulancias máis.
Escribe o teu comentario