Un incendio calcina unha das dependencias do Pazo do Faramello, o máis visitado de Galicia

O lume afectou a unha das habitacións e o resto do icónico inmoble encheuse de fume. 


|

Pazo do faramello
Pazo do Faramello

 

Un incendio no Pazo do Faramello de Rois (A Coruña) obrigou aos servizos de emerxencia a intervir á primeira hora da mañá deste venres.

Segundo informa o Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña, foron os efectivos do parque provincial de Boiro os que se desprazaron ao lugar.
 


O lume afectara a unha das habitacións do inmoble, mentres que o resto do edificio encheuse de fume. Debido á magnitude do incendio, mobilizouse tamén o parque de Ribeira, aínda que finalmente volveu á base mentres se desprazaba ao momento.

No operativo tamén se contou coa a colaboración do GES de Padrón e da Garda Civil. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE