O cura de Muros anuncia o seu adeus da parroquia e colga os hábitos a traves das redes sociais

A pesar da sorprendente misiva compartida en Facebook, o sacerdote aclara que "aínda non é definitivo".


|

95054scr c8ae7307b5a0578
Foto: Turismo.gal


O sacerdote de San Pedro de Muros, José Daniel Pérez Espasadín, abandona temporalmente o exercicio clerical e despídese desta parroquia, tras máis de oito anos á súa fronte, a través dun comunicado na rede social 'Facebook'.

Nesta carta manifesta que a decisión pode ser temporal: "Algúns preguntades si é para sempre, pois aínda non é definitivo, porque será un momento de cambio e en clave de discernir o que Jesús vai pedindo no camiño da vida".

O párroco expresou nesta nota o seu agradecemento por "todo o apoio mostrado" tras facer pública a noticia durante a súa última misa o día 23.

No escrito, Daniel Pérez informa de que se trata de" unha decisión meditada, acompañada e en clave de discernimiento cristián" e tamén "necesaria".

Asegura que queda "con todos os bos momentos vividos, que son moitísimos" e espera "poder seguir gozándoos, aínda que sexa de maneira diferente".

 

As PALABRAS DOS FIEIS

O comunicado do párroco compartiuno este martes 4 o perfil Fregueses de Muros en Facebook, que un día antes xa publicara outro escrito por parte dos fregueses.
 


O anuncio do párroco na igrexa provocou a reacción dos fregueses, que destacan que "don Daniel necesita un tempo de discernimiento" e que "todos os sacerdotes viven o seu ministerio nunha época de incertezas".

Os fieis cren que "a misión do sacerdote non é a de conseguir salvar o mundo por medio de tácticas e estratexias misioneiras, senón conseguir vivir a súa vocación con paixón". "Calquera vocación de entrega e servizo aos demais esixe renuncia", engaden.

 

"A FE NON ES ABURRIDA"

No seu propio comunicado, Daniel Pérez dedica "unhas palabras aos nenos". "Traballamos moito con eles, grazas tamén á participación de catequistas, pais e todos os que dalgunha ou outra maneira fixéstelo posible", expresa.

O sacerdote pide que "queden co Jesús amigo" do que lles falou "cada domingo e cada día de catequese".

Aproveita esta parte dirixida ao sector infantil para reafirmar en que "a fe non é aburrida, aínda que os humanos a fagamos desa maneira". "Moitas veces penso que Jesús tamén se aburre nas nosas misas. Menos mal que están eles [os nenos] para dicirnos, 'a ver como nos divertimos hoxe'".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE