Un pescador de 70 anos permanece desparecido desde a noite do luns en Abanqueiro, Boiro
O home saíu a pescar e non regresou á súa vivenda. Foi a esposa do desaparecido a que presentou a denuncia pola súa ausencia.
A Garda Civil coordina o dispositivo de procura dun home que permanece desaparecido desde a noite do pasado luns, cando saíu a pescar a unha praia de Boiro (A Coruña).
A esposa do desaparecido presentouse no cuartel do Instituto Armado na mañá deste martes despois de non ter noticias do seu marido durante toda a noite, segundo trasladou a Garda Civil.
A denuncia motivou a articulación dun dispositivo para dar co paradoiro do home, duns 70 anos de idade e que se dirixía a pescar na praia de Mañóns, en Abanqueiro.
No operativo participan voluntarios de Protección Civil xunto á axentes da Garda Civil, que mobilizou a membros do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas.
Tamén se solicitou a axuda dun helicóptero de apoio pero as malas condicións meteorolóxicas no norte da ría de Arousa impediron que tomase o voo pola mañá.
Espérase que a aeronave pudeda despegar para peitear a zona desde o aire durante a tarde grazas á mellora da visibilidade.
Escribe o teu comentario